Troco de billetes

Para os billetes nacionais e internacionais:

O troco da data ou hora da viaxe unicamente é posible se é solicitado polo menos 2 horas antes do inicio do servizo e estará condicionado á existencia de prazas dispoñibles na nova data ou hora solicitada.

Os billetes adquiridos a través do servizo de información e venda 902 422 242 e a páxina web www.alsa.es/gl poderán ser trocados polos mesmos medios onde foron adquiridos sempre e cando os billetes non foran emitidos.

Para os billetes nacionais:

Admítese, sen gastos, un só cambio por billete cando se solicite con polo menos 48 horas de antelación á data do servizo. Aplicarase un recargo adicional do 10 % do prezo do billete para aqueles cambios que se soliciten cunha antelación de 24 a 48 horas. No caso de que o cambio se solicite con menos de 24 horas de antelación, aplicarase un recargo do 20 % sobre o prezo do billete.

No caso de que o cambio sexa a un billete cunha tarifa superior á do billete que se cambia, o cambio é gratuíto, pero deberase pagar a diferenza de prezo entre ambas as tarifas.

Non se aplicarán recargos de cambio de billete para os clientes Alsa Plus.

Para os billetes internacionais:

O troco de billete internacional non implica ningún custo adicional.

Anulación de billetes

Para os billetes nacionais e internacionais:

A anulación de billetes unicamente é posible se é solicitada polo menos 2 horas antes do inicio do servizo, presentándose o viaxeiro nos puntos ou establecementos de venda da empresa.

No caso de cancelación de billetes de ida e volta, é necesario cancelar a saída antes de cancelar a volta. En caso contrario, o sistema non o permitirá.

Os billetes adquiridos a través do servizo de información e venda 902 422 242 e a páxina web www.alsa.es/gl poderán ser anulados polos mesmos medios onde foron adquiridos sempre e cando os billetes non foran emitidos.

No caso de anulación, a empresa devolverá ao viaxeiro o importe íntegro do billete se é solicitado polo menos 48 horas de antelación á saída do servizo. Se a anulación é solicitada cunha antelación de entre 48 e 24 horas, a empresa devolverá o importe do billete deducindo un 20%. No caso de que a anulación sexa solicitada con menos de 24 horas de antelación, a dedución aplicable será do 30% do importe do billete.

Os billetes pagados con tarxeta financeira só se poderán anular contra a tarxeta coa que se fixo a compra.

Os billetes adquiridos mediante o sistema de pagamento Paypal só se poden cancelar a través da páxina web de ALSA. En ningún caso poderase realizar a anulación no punto de venda nin no servizo de atención telefónica.

A non presentación do viaxeiro no lugar e momento da saída levará á perda da viaxe e non dará dereito ao troco do billete ou devolución do seu importe. Non se aplicarán gastos de anulación para os clientes titulares da tarxeta ALSAPLUS+.

Para os billetes nacionais:

O custo de anulación é gratuíto cando os billetes non se cambiaron previamente e se realice con polo menos 48 h de antelación. Se a anulación se realiza cun prazo de entre 48 y 24 horas, aplicarase un recargo do 20 % sobre o prezo do billete. No caso de 24-2 h antes, o recargo será do 30 %.

No caso de clientes Alsa Plus, poden anular de balde ata 2 h antes.